DUVI | Dirixida a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, o Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, que promoven a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra, volverá ter esta semana como protagonista a un investigador da Universidade de Vigo. Nun relatorio programado para este xoves 1 ás 19.00 horas, o catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións Marcos Curty porá o foco na “segunda revolución cuántica” e en como esta “cambiará de xeito radical a maneira de compartir e protexer a nosa información nun futuro próximo”, segundo informou a RAGC.