DUVI | Cun orzamento de 2 millóns de euros e a participación dunha ducia de organismos e entidades de cinco países, entre os que se atopa a Universidade de Vigo, o proxecto Eurocigua 2 (An integrated approach to assess the human health risks of citatoxins in fish in Europe) traballará durante os próximos tres anos en determinar o risco de intoxicación alimentaria por ciguatera en Europa, co obxectivo de establecer procedementos de control e prevención que garantan a seguridade alimentaria, nomeadamente, as especies pesqueiras en risco, a influenza de posibles cambios no medio mariño e a caracterización completa do perfil das ciguatoxinas, así como a obtención de patróns de referencia.