DUVI | 78 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra participaron este mércores na celebración da XII Olimpíada de Xeoloxía. A Facultade de Ciencias do campus de Ourense e a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía do campus de Vigo foron unha vez máis sedes provinciais da fase galega desta cita. Porén, debido á pandemia, nesta ocasión a competición non se puido celebrar nas súas instalacións senón que se desenvolveu en formato non presencial, co alumnado competindo desde os seus respectivos institutos a través de diversas plataformas virtuais, empregándose no caso de Pontevedra as plataforma Moovi e Campus Remoto da Universidade de Vigo.
A XII Olimpíada de Xeoloxía pon a proba os coñecementos de 78 estudantes de institutos de Ourense e Pontevedra
