DUVI | As universidades de Vigo e Santiago de Compostela asinaron en 2020 un convenio coa Xunta de Galicia para desenvolver o primeiro Inventario Forestal Continuo de Galicia, dirixido a achegar unha información precisa e actualizada tanto da cantidade de madeira presente nos montes da comunidade como da súa calidade. Este traballo, que na UVigo coordina a Escola de Enxeñaría Forestal, continuará desenvolvéndose os próximos dous anos, grazas á adenda ao convenio asinada pola Consellería do Medio Rural, que amplía a súa vixencia ata 2024 e pola que a administración galega realizará unha nova achega de 530.380 euros, dirixida a financiar as actuacións correspondentes ás anualidades de 2023 e 2024.