Actividade formativa para persoal investigador

Cartaz da actividade formativa

Dentro do plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, titulado “Ciencia de ida e volta”, ofreceremos una nova actividade formativa para persoal investigador. Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación. Trátase dunha formación PRESENCIAL para a comunidade investigadora da Universidade de Vigo.

PRAZAS

30 prazas

DATAS

2 de decembro de 9:30 a 14:00 horas

3 de decembro de 9:30 a 14:00 horas

LUGAR

Edificio Ernestina Otero. Campus de Vigo

CONTIDOS

A actividade ofrecerá ao persoal investigador formación sobre como facer actividades de divulgación científica, comunicar ciencia en redes sociais, facer divulgación a través de charlas e mostrará a experiencia de persoas da Universidade de Vigo nestes ámbitos.

XOVES, 2 DE DECEMBRO

  • 9:30 – 11:30 horas. Por que e como facer divulgación e actividades de cultura científica: Conceptos e formatos de divulgación científica. Contar a miña investigación a medios de comunicación. Como enfrentarme a unha entrevista. Manuel Vicente. Divulgador científico, doutor en Química e director e presentador do programa Efervesciencia da Radio Galega.
  • 12:00 – 14:00 horas. Comunicar ciencia en redes sociais: Introdución ás redes sociais. Importancia das redes sociais para a ciencia. Como facer rede. Casos prácticos de boas e malas prácticas. Exemplos de participantes. Óscar Menéndez. Comunicador científico, consultor de redes sociais. Fundador de Ciencia en Redes

 

VENRES, 3 DE DECEMBRO

  • 9:30-11:30 horas. Como facer divulgación de ciencia a través de charlas e conferencias: Selección de temas. Estrutura do discurso. Deseño da presentación de fondo. Expresión oral e oratoria. Déborah García Bello. Química, investigadora en ciencia de materiais e divulgadora científica. Autora dos libros Todo es cuestión de Química e ¡Que se le van las vitaminas!. Colaboradora de diferentes medios de comunicación e programas como Órbita Laika.
  • 12:00-13:00 horas. Experiencia da casa. Expertos divulgadores da Universidade de Vigo / O audiovisual como ferramenta de divulgación científica: Posibilidades do audiovisual para facilitar a transmisión social do coñecemento no ámbito científico. Enfoques e estratexias de comunicación audiovisual posibles como adaptación a públicos diferentes. Pautas sobre a estrutura narrativa apoiando a explicación con exemplos de audiovisuais que se elaboran no laboratorio Divulgare da Universidade de Vigo. Luis Navarro. Director do Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo e responsable do recoñecido proxecto audiovisual Divulgare.
  • 13:00- 14:00 horas. Experiencia da casa. Expertos divulgadores da Universidade de Vigo / Achegándonos á Adoles-ciencia. A divulgación científica dirixida a estudantes de educación secundaria. Exemplos do emprego de métodos baseados en actividades manipulativas e diferentes técnicas de dinamización da aprendizaxe, os cales buscan promover a participación activa e o espertar da vocación científica nos máis novos (especialmente no público adolescente). Raquel Pérez Orozco. Docente e investigadora do Grupo de Tecnoloxía Enerxética do Cintecx da Universidade de Vigo. Participa no proxecto de divulgación da Aula Aberta á Tecnociencia da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEME) da Universidade de Vigo.