Albino Prada advirte nun novo ensaio que máis riqueza non sempre se traduce en maior benestar social

Albino Prada

DUVI | Riqueza nacional y bienestar social. Más desarrollo con menos crecimiento, este é o título do novo libro do  investigador de Ecobas Albino Prada, unha folla de ruta “válida a escala mundial” sobre que nivel de crecemento económico é compatible coa sostenibilidade global do planeta e o benestar dos seus habitantes. Editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo dentro da colección Miscelánea, este ensaio  está escrito nunha linguaxe moi accesible, de xeito que as ideas que nel se expoñen poidan chegar con claridade a todas aquelas persoas que queiran informarse sobre que camiños deben emprenderse se o destino ao que se aspira chegar é unha sociedade máis xusta e igualitaria, máis pendente do benestar dos seus cidadáns que do crecemento constante do seu Produto Interior Bruto.