Albino Prada trae ao galego o relato, “case cinematográfico”, da vida de Rosendo Salvado en Australia

DUVI | “O empeño de Rosendo na Australia de 1850-1900 fai del un dos galegos dos que máis orgullosos sentírmonos polo mundo fóra; dos que na miña humilde opinión máis prestixio nos dan”. Así retrata o profesor e economista Albino Prada ao monxe tudense Rosendo Salvado, “un xigante” que dedicou a súa vida a demostrar que os aborixes australianos eran “tan humanos como os europeos”.