Alumnado de Ciencias Sociais e Enxeñaría de Telecomunicación levará o universo de Manel Cráneo do cómic ao videoxogo

ComTecArt

DUVI | Planeta Mincha é o nome dun universo fantástico ao que o ilustrador Manel Cráneo dotou da súa propia cartografía, especies, linguas, alfabetos e músicas e a partir do que foi desenvolvendo diferentes produtos, como Destino Hërgüss, a novela gráfica que estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación toman como fonte de inspiración para deseñar proxectos de videoxogos. No marco dunha iniciativa do grupo de innovación docente ComTecArt, que busca achegar ao alumnado os procesos interdisciplinares que definen o traballo nesta industria, 15 estudantes dos dous centros traballarán ao longo do cuadrimestre no desenvolvemento da primeira fase dun xogo inspirado nese Planeta Mincha.