Alumnado de Enxeñaría Biomédica comparte experimentos coas nenas e nenos hospitalizados no Álvaro Cunqueiro

DUVI | Todos os luns deste mes de novembro teñen algo especial para as nenas e nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro: unha cita cun grupo de estudantes universitarios que, durante unhas horas, traballan con eles para tratar de distraelos das rutinas médicas e, ao mesmo tempo, achegarlles coñecementos científicos.