DUVI | Son unha nena. Sufrirei discriminacións e violencia sexual?; Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?; As cores múltiples da vida. Diversidade sexual e identidades de xénero; Hackeamos ao patriarcado. Unha análise do machismo dixital; Rebeldes con causa. Voces feministas interpelando á creación cultural e Non nacimos para coidar. Como ser muller e vivir nunha sociedade patriarcal e capitalista son os títulos dos seis novos volumes que a editorial Galaxia vai incorporar a súa colección Feminismos. As novas achegas o catálogo de Galaxia recollen traballos fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) con perspectiva de xénero, elaborados por alumnado da UVigo, e que foron galardoados cos premios Egeria, que anualmente convoca a institución académica viguesa, complementados e coordinados por académicas consolidadas da Universidade de Vigo.