DUVI | No eido divulgativo e de responsabilidade social, a Área de Microbioloxía da Universidade de Vigo está moi implicada na concienciación sobre a problemática da resistencia microbiana aos antibióticos, levando a cabo diferentes iniciativas ao longo de cada curso académico. Entre elas, acaba de pór en marcha unha actividade de aprendizaxe-servizo chamada DivulSuperBac.
DivulSuperBac é un proxecto xurdido na Universitat de València, coordinado por Belén Fouz e Sergi Maicas, que se está expandido por outras universidades españolas. No caso da UVigo a iniciativa está coordinada desde a Facultade de Ciencias, concretamente desde a Área de Microbioloxía e o GID Mundo Microbio, polas profesoras María José Pérez e Julia Carballo.