Aplicacións deseñadas por investigadores de atlanTTic achegan contidos culturais de xeito accesible a persoas en risco de exclusión

DUVI | Que persoas con discapacidade, migrantes, terceira idade ou con baixas cualificacións profesionais poidan acceder de xeito accesible, a través de dúas aplicacións, a eventos culturais, é o obxectivo do proxecto Erasmus+ Allure (Alfabetización Liberadora: Accesibilidade Universal en Recursos culturais para a educación permanente), unha iniciativa liderada pola Consellería Cultura, Educación, FP e Universidade da Xunta de Galicia e na que participan a Universidade de Vigo, a Asociación Empresarial de Portugal, os Obradoiros de Cultura de Lublin (Polonia) e o Centro Téxtil Islandés.