DUVI | Baixo o título Applying drones to current societal and industrial challenges preséntase unha nova publicación que ten como editores aos profesores da Universidade de Vigo Diego Carou e Antonio Sartal e a J. Paulo Davim, da Universidade de Aveiro (Portugal). A publicación explora as aplicacións dos drons e as tecnoloxías de vangarda que impulsan a súa funcionalidade antes os retos que ten a sociedade e a industria.