DUVI | Ao longo deste 2021 o proxecto arqueolóxico de Armea, nado en 2011 no marco da colaboración entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) e o Concello de Allariz, celebrou unha década de existencia. Para facer balance do traballo realizado e do seu impacto cultural, social e económico, vén de publicarse o libro Armea, 10 anos de actuación sobre o patrimonio cultural como motor de desenvolvemento rural. Nel amósase como “grazas a este proxecto conseguiuse sacar á luz e rescatar do esquecemento un dos máis importantes xacementos arqueolóxicos de Galicia e convertelo nun dos principais activos histórico-culturais da comarca de Allariz”.
Armea, 10 anos de actuación sobre o patrimonio cultural como motor de desenvolvemento rural
