DUVI | A Delegación de Alumnos da Facultade de Historia do campus de Ourense organizou este venres unha Xornada de arqueoloxía experimental con Árbore Arqueoloxía e Restauración. A actividade centrouse na fundición de metal, podendo as e os asistentes poñerse na papel de habitantes da prehistoria e participar activamente no seu proceso completo, dende a preparación do espazo ata o avivado do lume e o momento de verter o metal fundido nun molde.