Arredor de 120 alumnas e investigadoras do campus e 300 escolares participarán en Exxperimenta en feminino

Exxperimenta en femino

DUVI | O día 12 de febreiro o campus de Ourense volverá a acoller unha nova edición de Exxperimenta en feminino, a III Xornada de divulgación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas. Nesta feira 120 estudantes e persoal docente e investigador do campus, maioritariamente mulleres, desenvolverán 14 obradoiros prácticos para 300 escolares da provincia de Ourense co obxectivo de fomentar nelas e neles a curiosidade científica e os referentes femininos no eido científico e tecnolóxico.