DUVI | O lobo feroz xa non se agocha baixo o disfrace de avoa, agora agarda as súas vítimas escondido nas redes sociais. E é que aínda que a sociedade ten avanzado moito no eido da igualdade e da diversidade de xénero, “as carapuchiñas do século XXI non se libran do acoso dos lobos a través das pantallas”. Este é o punto de partida do proxecto Carapuchiña e a pantalla feroz, liderado polo grupo de innovación docente GTiCH (Group for Teaching Innovation on Children´s Literature) e desenvolto co financiamento da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo.