DUVI | Gobernanza e participación na pesca a pequena escala. O caso das confrarías de pescadores en Galicia é o título da tese de doutoramento de Iria García Lorenzo, unha investigación desenvolvida ao longo de seis anos, na que a súa autora afonda na posición das confrarías dentro do sector pesqueiro a pequena escala e na actividade empresarial que realizan. “Na tese estudamos como participan na confraría os diferentes membros que conviven dentro dela, que poden ser pescadores, mariscadoras, mariscadores, armadores… Así, coñecemos todas as relacións entre os membros e a súa organización, como por exemplo como se realiza a explotación dos recursos mariños, como son os procesos de decisión da xestión, ou como son as relacións financeiras”, explica a investigadora, que sinala que, a análise desta participación permitiulle mostrar como as confrarías desenvolven unha actividade empresarial xestionada de forma autónoma polos seus membros, onde eles comparten e benefícianse do uso e da explotación dos recursos mariños.
As confrarías de pescadores preséntanse como organizacións adecuadas para a xestión integral e sostible da pesca a pequena escala en Galicia
