DUVI | Co título Alfabetización financiera en empresas incubadas y sus implicaciones organizativas, este martes presentouse unha publicación sobre a educación financeira das e dos emprendedores das empresas incubadas en España. Elaborada no marco dun estudo coordinado polo profesor da UVigo Ernesto López Valeiras, nela analízanse as implicacións organizativas dos coñecementos financeiros das e dos emprendedores nas empresas de nova creación a partir dunha enquisa realizada entre as e os xestores que desenvolvían a súa actividade en incubadoras do ránking de Funcas 2018/2019. Entre os seus resultados destácase que as e os emprendedores con maiores coñecementos financeiros teñen maiores habilidades de xestión.
As e os emprendedores con máis coñecementos financeiros teñen maiores habilidades de xestión
