DUVI | O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público este venres un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a entidade xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, destaca que as entidades locais galegas “aproban” en rendición de contas.
Este documento sobre a rendición de contas das entidades locais galegas corresponde á nota número 21 do observatorio, elaborada por Alberto Vaquero, codirector de Rede Localis e profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, e enmárcase dentro das actividades da Cátedra do Bo Goberno Local da Universidade de Vigo.