DUVI | “Ao longo de toda a fachada atlántica ibérica constátase unha notable estabilidade tecnolóxica durante os últimos 400.000 anos. As comunidades humanas asentadas nesta ampla rexión empregaron de xeito constante a tecnoloxía acheuliana, encamiñada á produción de grandes lascas e grandes obxectos cortantes como bifaces. Esta forma de fabricar ferramentas amosa fortes vínculos co continente africano”. Esta é unha das principais conclusións recollidas nun artigo publicado no último número da revista Journal of Paleolithic Archaeology e realizado por un equipo liderado por Eduardo Méndez, investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo.