As mulleres migrantes sofren unha dobre segregación ocupacional: por orixe e por xénero

DUVI Muller e migrante. Esta combinación ten como resultado un elevado nivel de segregación ocupacional nos países europeos, sobre todo nos do sur do continente. Esta é a realidade que debuxan os resultados da tese de doutoramento da investigadora de Ecobas Amaia Palencia, que forma parte do grupo Ecosot: Economía, Sociedade e Territorio.