As nais seguen asumindo en maior medida as tarefas cotiás asociadas á crianza

DUVI | Que pais, nais e proxenitores se centren nas necesidades e dereitos dos seus fillos e fillas e en proporcionarlles un fogar saudable e acolledor ten un impacto positivo no seu benestar, á vez que unha parentalidade irresponsable pode producir problemas emocionais e de conduta nos nenos e nenas. Afondar nos efectos da parentalidade positiva e nas diferentes liñas de investigación que poñen o foco nesta cuestión é o obxectivo do número monográfico que dedica a esta temática a Revista de Investigación en Educación.