As problemáticas fiscais do transporte colaborativo de persoas, a análise nunha nova publicación

Mónica Siota

DUVI | “Nestes últimos anos, a rápida expansión de plataformas dixitais vinculadas ao transporte terrestre de persoas en vehículos de motor, como Blablacar, Uber, Cabify ou Amovens, fai necesario realizar unha análise tributaria das distintas transaccións económicas que se xeran grazas a elas e que afectan tanto ás propias plataformas como aos seus usuarios”. Para contribuír ao avance neste eido, Mónica Siota, profesora contratada doutora de Dereito Financeiro e Tributario da Facultade de Dereito do campus de Ourense, publicou recentemente o libro La fiscalidad del transporte colaborativo de personas.