As terrazas fluviais da conca baixa do río Miño protagonizan a secuencia sedimentaria “máis completa de Galicia”

Modelo sintético

DUVI | A revista Quaternary International publicou recentemente un estudo liderado polo investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo Eduardo Méndez no que se recolle a secuencia sedimentaria cuaternaria “máis completa de Galicia”, protagonizada polas terrazas fluviais da conca baixa do río Miño. A investigación, detalla o seu coordinador, “sinalan a existencia dun importante rexistro sedimentario, que abrangue, cando menos, o último millón de anos, no que é un rexistro único a escala galega”.