DUVI | Dende diferentes eidos do coñecemento, diferentes campus e diferentes etapas profesionais, catro mulleres investigadoras participaron este mércores nunha charla interxeracional enmarcada dentro das actividades organizadas pola Universidade de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller a Nena na Ciencia. As protagonistas da cita foron Talía Rodríguez, do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade; Cristina Delgado, do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal; Susana Reboreda, da Área de Historia Antiga e Carmen García Mateo, catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións e investigadora de atlanTTic. Cada unha delas relatou como foi súa etapa académica e como se desenvolveu a súa traxectoria profesional ata a actualidade. A pesar de que a separan décadas, coincidiron en que queda moito por facer, que a loita é continua, que as desigualdades de xénero son maiores canto máis se sube na escala profesional e que, en moitas ocasións, son as propias mulleres as que se poñen barreiras.
Catro mulleres de ciencia, catro experiencias vitais
