Ciclo educativo, xénero e práctica deportiva inflúen na creatividade do alumnado de Primaria en xogos motores colectivos

DUVI | No contexto educativo, a creatividade deixou de ser unha actividade ligada á fantasía infantil ou á expresión plástica para converterse nun valor educativo explícito a desenvolver a través do currículo escolar. Neste contexto, na súa tese de doutoramento, o egresado da Universidade de Vigo Yannick López analizou os niveis de creatividade de alumnado de Educación Primaria durante a súa participación en xogos motores colectivos, describindo o impacto nela do ciclo educativo, o xénero e a práctica deportiva, entre outros factores.