Ciencia ilustrada, a maridaxe perfecta para dar a coñecer a investigación mariña

Lámina

DUVI | Coincidindo coa celebración este 8 de xuño do Día Internacional dos Océanos, o Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña presentaron os resultados do proxecto Scientists meet artists, unha iniciativa que pon en contacto a investigadores e ilustradores para divulgar a ciencia mariña. Ao longo dun ano, 12 científicos e científicas do Campus do Mar, pertencentes ás universidades de Santiago, Minho e Vigo e ao Instituto Español de Oceanografía, xunto con outros tantos artistas traballaron da man para crear 12 láminas interactivas sobre o medio mariño destinadas a nenos e nenas e ás súas familias. Deste xeito, ciencia e arte mestúranse poñendo en común as súas capacidades para achegar á sociedade o medio mariño e os seus segredos.