Cinbio organiza unha xornada formativa sobre comunicación da ciencia

Hablemos de ciencia

DUVI | Falar de ciencia e da importancia de difundir os seus resultados. O Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, está a organizar para o vindeiro venres día 16 a xornada formativa Hablemos de ciencia: la importancia de comunicar, unha actividade dirixida ao persoal científico e investigador e na que se contará coa participación de especialistas que tratarán de dar algunhas claves sobre comunicación para o desenvolvemento persoal e a igualdade.