DUVI | Na actual sociedade dixital, “diariamente xeramos milleiros de datos a todos os niveis”, que do mesmo xeito que poden empregarse en ámbitos como a saúde, a xestión dos espazos públicos, o turismo ou os mercados financeiros, poden converterse tamén nunha valiosa ferramenta para os traballos de comunicación dixital de empresas e organizacións. Nesta era do big data, “aproveitar os datos masivos, a minería de datos e os diferentes procesos de automatización non é unha oportunidade. É unha necesidade”. Esta idea constitúe o punto de partida da análise sobre os “desafíos” que empresas e organizacións deben afrontar nun mundo no que “a intelixencia artificial chegou para quedarse” que o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Martínez Rolán realiza no libro Organizational Innovation in the Digital Age xunto coa investigadora da Universidade da Coruña Teresa Piñeiro.