DUVI | Aínda que a divulgación micolóxica en Galicia comezou en Santiago a principios do século XX, con Amando Castroviejo, non adquiriu unha estrutura sistematizada ata 1961. Polo tanto, esta disciplina cumpre en 2021 60 anos, unha efeméride que o Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo quere conmemorar coa organización das xornadas MYCO60, en colaboración con MycoPlantae Galicia. O programa comprende relatorios e obradoiros prácticos ao longo da primeira quincena de novembro. O talleres terán lugar na Fundación Sales con tres propostas diferentes: o xoves 11 a partir das 16.30 sobre identificación de cogomelos; o venres 12 á mesma hora sobre cultivo de cogomelos para familias e o sábado 13 un taller sobre os cheiros da natureza de 18.00 a 20.00 horas.
Conferencias e obradoiros para celebrar os 60 anos de divulgación micolóxica en Galicia
