
Concurso de microrrelatos
AUGA = VIDA: doce, limpa e potable
No marco do plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i), “Ciencia de ida e volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, convócase a primeira edición do concurso escolar de microrrelatos “Auga=Vida: doce, limpa e potable”.
Tres categorías:
— 5º e 6º de primaria
— ESO
— Bacharelato
Formato e entrega
Do 18 de marzo ao 1 de abril, envía o teu microrrelato e os teus datos a: ucc@uvigo.gal.
Asunto: “Participación no concurso escolar de microrrelatos” e a categoría.
Premios
O concurso contará con tres premios (valorados en 250 euros cada un),
e consistirán nunha experiencia lúdica relacionada coa agua.
Consulta aquí as bases completas: Bases Concurso Auga
Gañadores
Categoría 5º e 6º de primaria
Diego Soage Piñeiro: A auga alegre
Categoría ESO
Dylan Simoes Rúa: Miña amiga
SERIE DE PODCAST
Dende o 22 de marzo, publicaranse unha serie de podcast protagonizados por expertos en diversas áreas, dende dereito ata a ecoloxía, pasando polo turismo, a física, o termalismo ou a ciencia dos chans. A través destas conversas, exploraremos a importancia vital da auga doce e a súa preservación para o futuro do noso planeta.
Día Mundial da Auga | Cap. I: De quen é a auga?
Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.