DUVI | O docente e investigador do Departamento de Filoloxía galega e latina da UVigo Gonzalo Navaza Blanco ingresará na Real Academia Galega como membro de número, o vindeiro 5 de novembro, nunha sesión extraordinaria que terá lugar no salón de actos da institución na Coruña. O filólogo e escritor pronunciará un discurso titulado Nomes de persoa na toponimia de Lalín, centrado na súa terra natal dende unha rama da filoloxía, a onomástica, na que Navaza é especialista. Antón Santamarina, coordinador do Seminario de Onomástica, do que o docente da UVigo é membro correspondente desde o ano 201, será o encargado de darlle resposta ao docente e investigador da Universidade de Vigo. Coñecido polo gran público polo seu labor literario, Gonzalo Navaza ocupará na RAG a vacante producida polo pasamento en marzo de 2o21 do historiado e presidente da Real Academia Galega durante case unha década, Xosé Ramón Barreiro Fernández.