DUVI | Tras ser seleccionado no programa de captación de talento HCR da UVigo 2020, o investigador chinés Jianbo Xiao acaba de incorporarse ao grupo AA1 de Investigacións Agroambientais e Alimentarias da UVigo, no que desenvolverá o seu labor os próximos tres años. Procedente da Universidade de Macau, Jianbo Xiao asegura que a súa chegada á Universidade de Vigo “significa un novo comezo, un novo paso e unha nova vida para min”, e tamén para a súa familia ao completo, coa que o investigador viaxou desde China á cidade olívica, na que nunca antes estivera, pero da que asegura ter aprendido moito a través de internet. “Aínda que souben de Vigo desde o ano 2015 por un colega internacional, foi en 2017 cando me puxen en contacto por vez primeira co profesor Jesús Simal-Gándara e desde 2019, cooperei con el en investigación e publicando”, explica o estudoso dos polifenoles dietéticos, nado en 1979 en Juiangsu (China), e que desde o ano 2016 foi incluído catro veces na listaxe de Clarivate Analytics Highly Cited Researchers.