De Vigo a Xapón para aprender como as comunidades pesqueiras se adaptan aos impactos do cambio climático

DUVI A investigadora predoutoral do Centro de Investigación Mariña (CIM) da UVigo Xochitl É. Elías Ilosvay participa xunto a un grupo de expertos e expertas na illa xaponesa de Shikoku nun traballo de campo, que ten como obxectivo aprender como as comunidades de pescadores se están a adaptar ao cambio climático.