Descubrindo a investigación de primeira man e con mulleres como protagonistas

DUVI | Como parte da xornada Un día no Cinbio. Rompendo teitos de cristal, 25 estudantes de 6º de primaria do colexio Santo Tomás de Porriño participaron nunha visita ás instalacións do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio). Os alumnos e alumnas puideron converterse investigadores e investigadoras durante unhas horas descubrindo en que se está a traballar e realizando varias actividades en diferentes laboratorios.

A catedrática África González, directora do centro singular, foi a encargada de darlles a benvida e explicoulles a organización interna do Cinbio resumindo as principais liñas de investigación que se desenvolven. Ao respecto das mesmas, estudantes como Adrián afirmaban que todo o traballo realizado nestas instalacións é importante porque “o que se estuda aquí pode facer que a ciencia avance” ou reflexionaban como Uxía sobre que “as investigacións realizadas poderían mellorar a medicina e iso é xenial”. Igualmente, moitos mostraron a súa sorpresa respecto dos estudos…