Deseñan pílulas educativas para achegar o método científico ao alumnado de secundaria

DUVI | Definir en que consiste investigar, coñecer as fases dun proxecto de investigación e as metodoloxías a empregar ou saber como analizar os resultados obtidos. Estas ideas centran as pílulas educativas que o grupo de investigación Remoss desenvolve no marco dun proxecto de innovación educativa da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, que ten como obxectivo xerar unha serie de pezas audiovisuais breves que permitan iniciar no método científico a alumnado non universitario. Coordinado pola profesora Marián Fernández Villarino, esta iniciativa naceu de a raíz dun proxecto do Bacharelato de Excelencia STEMBach que o grupo Remoss leva a cabo co IES Valadares de Vigo, de tal xeito que o punto de partida destas “pílulas” foi o propio “diálogo co alumnado e a posta en común das necesidades”, como sinala Fernández Villarino.