DUVI | “O mar Mediterráneo é unha das zonas do mundo onde máis se está a acelerar a subida da temperatura da auga e onde as vagas de calor son cada vez máis intensas e frecuentes”, explica Elena Ojea, docente e investigadora e responsable do Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, que xunto a outras 14 institucións de oito países europeos, participa no proxecto Interreg Mediterráneo Engaging Mediterranean key actors in Ecosystem Approach to manage Marine Protected Areas to face Climate change” (MPA-Engage). Cun orzamento de tres millóns de euros, o proxecto europeo, coordinado polo Institut de Ciències del Mar del Consejo de Investigación Español (CSIC), ten o obxectivo de dar soporte e promover a función que teñen as áreas mariñas protexidas para a adaptación e mitigación dos impactos do cambio climático, deseñando unha serie de plans de adaptación para ás áreas mariñas protexidas do Mediterráneo, que sirvan para enfrontar con rotundidade os importantes impactos que están a acontecer nesta rexión.
O proxecto, cunha duración de dous anos e que é unha continuación de MPA-Adapt, que finalizou en 2019, céntrase en sete áreas mariñas protexidas (AMP): Brijuni (Croacia), Portofino (Italia), Calanques (Francia), Zakynthos (Grecia), Karaburuni (Albania), Cap de Creus (España) e Tavolara Punta Coda Cavallo (Italia). “As AMP son importantes para preservar e mellorar a resilencia socioecolóxica…