Desenvolven un sistema automatizado para medir a velocidade do son e a condutividade térmica en líquidos iónicos

Esquema

DUVI | “Neste traballo deseñouse e construíuse un sistema automatizado de medida de velocidade do son e de condutividade térmica de líquidos e aplicouse á medida de diversos líquidos, entre eles, un grupo de líquidos iónicos”. Así resume Francisco Javier Yebra o traballo desenvolvido no marco da súa tese de doutoramento, recentemente presentada no campus de Ourense. A tese, que estivo dirixida polo físico Jacobo Antonio Troncoso, levou por título Determinación da condutividade térmica e a velocidade do son de líquidos iónicos.