Desenvolven un sistema de localización de deportistas de ximnasia rítmica no tapiz de competición

DUVI A determinación do uso dos espazos é de interese para a avaliación de moitas actividades artísticas e deportivas, como por exemplo para a puntuación dun exercicio. Neste contexto, un grupo interdisciplinar formado por persoal docente e investigador da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, acaba de desenvolver un pequeno sistema de localización de deportistas de ximnasia rítmica no tapiz de competición empregando un dispositivo de posicionamento axudado por un dron.