Docentes da UVigo elaboran un catálogo de propostas para potenciar o papel das mulleres na industria do videoxogo

DUVI En España, Barcelona e Madrid, sede das grandes empresas multinacionais, aglutinan case o 50% dos negocios relacionados cos videoxogos, un dos sectores máis estratéxicos da industria cultural, pero tamén un dos máis masculinizados. Trátase dun negocio, relativamente novo e en continuo crecemento –en actividade, facturación e emprego- pero tamén moi fragmentado -pequenos estudos e traballadores autónomos fronte a grandes empresas- e no que facerse un oco a nivel profesional non sempre é doado, sobre todo se es muller e vives lonxe das grandes capitais.