Dous anos de investigación, un lévedo silvestre e unha cervexa

Imaxe do traballo levado a cabo polo Laboratorio de Microbioloxía

DUVI | Unha das liñas de traballo do Laboratorio de Microbioloxía da Universidade de Vigo, situado na Facultade de Ciencias do campus de Ourense e dirixido polo profesor Luis Alfonso Rodríguez, é a busca de microorganismos autóctonos de interese industrial para a elaboración de bebidas innovadoras. No marco deste traballo, os seus investigadores participaron no proxecto de desenvolvemento da primeira cervexa Abadía de Estrella Galicia. O seu papel consistiu na selección dun lévedo silvestre do Mosteiro de Sobrado dos Monxes para o seu uso neste produto.