DUVI | Dous proxectos da Universidade de Vigo acaban de ser seleccionados para acceder á fase de maduración da convocatoria do programa Ignicia, desenvolvido pola Xunta de Galicia e a Fundación Barrié. O obxectivo desta iniciativa é a valorización da ciencia excelente feita en Galicia e a transformación dos resultados da investigación galega en tecnoloxías e produtos que poidan chegar ao mercado para dar resposta aos retos da sociedade, á vez que se xeran retornos económicos.