DUVI | Nado orixinalmente en 2015 como agrupación estratéxica, Ecobas (Economics and Business Administration for Society) foi oficialmente creado como centro de investigación interuniversitario a finais de 2021, coa sinatura do Convenio de colaboración entre as universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. A comezos deste ano, e logo dunha chamada pública para a vinculación de persoal investigador ao centro, un comité avaliador valorou todas as solicitudes recibidas e acordou propoñer a incorporación de 84 investigadoras e investigadores do Sistema Universitario de Galicia (SUG), proposta que a finais do mes de abril foi ratificada polo Consello Reitor do centro.