DUVI | Arredor de medio centenar de estudantes do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Portovello achegáronse este luns ao campus de Ourense para participar nunha xornada na Facultade de Educación e Traballo Social na que traballaron arredor do fomento da lectura na infancia. A iniciativa dá continuidade á celebrada o pasado curso académico e enmárcase na colaboración exitente entre os dous centros educativos, situados ambos na zona das Lagoas.