DUVI | Nun momento no que a realidade aumentada (AR) colle cada vez máis pulo, son moitas as investigacións que tratan de mellorar a experiencia das persoas usuarias e as redes 5G ser un aliado para eliminar os problemas que impiden o funcionamento óptimo destes sistemas. Co fin de afondar nestas posibilidades de aplicación do 5G, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación organiza a primeira edición do hackathon Plan Nacional 5G Teleco Vigo, que foi presentado este venres na escola. Os equipos participantes afrontarán o reto de mellorar as ofertas de paquetes turísticos dunha axencia de viaxes ficticia a través da realidade aumentada e o 5G e o prazo de inscrición aberto ata o vindeiro 10 de xuño.
EE de Telecomunicación lanza un hackathon que pon o foco na mellora da realidade aumentada a través das redes 5G
