DUVI | Transcorridos oito anos desde a entrada en vigor da Lei de mediación nacional, a figura da mediación intraxudicial nos supostos de ruptura de parella non conseguiu desenvolver aínda a potencialidade que se lle auguraba, algo que, en gran parte se debe, á falta de cultura que hai en España sobre esta forma de resolución de conflitos, así como á ausencia dunha auténtica aposta por parte das distintas administracións por esta vía de solución de controversias. Así se conclúe na tese de doutoramento da mediadora Blanca Otero, un traballo de investigación que acaba de ser publicado pola editorial La Ley e que vén motivado pola súa experiencia profesional como mediadora familiar, nos Centros de Apoio á Familia no concello de Madrid, primeiro, e, posteriormente, no Servizo de mediación intraxudicial dos Xulgados de Familia de Vigo, en funcionamento desde o 2012 ao 2018, grazas ao convenio subscrito entre o Consejo General del Poder Judicial, a Fiscalía Superior de Galicia, a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo.
En España a mediación familiar non conseguiu desenvolver a potencialidade que se lle auguraba
