DUVI | A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación presume este xoves e venres da creatividade do alumnado que está a piques de titularse. Faino, como cada ano, coa celebración dos LPRO Days, unha actividade organizada a modo de feira tecnolóxica na que o alumnado que está a piques de titularse exhibe os proxectos tecnolóxicos que levaron a cabo ao longo dos últimos meses ao abeiro da materia Laboratorio de Proxectos.