Ephyslab incorpórase ao grupo de traballo da Axencia Espacial Europea sobre vapor de auga na atmosfera

Raquel Nieto e Luis Gimeno

DUVI | O Environmental Physics Laboratory CIM-UVigo (Ephyslab), vén de incorporarse recentemente ao grupo de traballo sobre vapor de auga na atmosfera da Axencia Espacial Europea. Formado por once equipos de investigación de Reino Unido, Alemaña, Francia, Bélxica e Canadá, o Water Vapour CCI pretende xerar no seu eido novos rexistros globais de datos climáticos de alta calidade considerando que “o vapor de auga é fundamental para comprender o cambio climático pasado, presente e futuro e para determinar os seus impactos globais e rexionais”.