Especialistas da UVigo colaboran na recuperación da contorna fluvial do río Tines ao seu paso por Outes

DUVI | Renaturalizar e recuperar para a cidadanía o tramo fluvial urbano do río Tines ao seu paso polo Concello de Outes, na provincia da Coruña. Este é o obxectivo co que se pon en marcha o proxecto Renatur_Outes, un traballo subvencionado cun millón de euros pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e no que se reúne a participación das tres universidades públicas galegas, o Centro de Estudos Eurorrexionais de Galicia e norte de Portugal, CEER, o Concello de Outes, que lidera o proxecto, e a Fundación Montescola.